Doa sangue, mañá podes precisala ti!
Xa sei q moita xente tenlle medo ás agullas, q lle dan pánico, etc.; despois está outro tipo de xente q non lle ten medo ás agullas pero q tampouco doa (con éstas flipo máis todavía). Dáme igual a excusa (a non ser q sexa por motivos de saúde propia), non me sirve. Imaxinade q a persoa q máis queredes no mundo vai morrer se non lle facedes unha doazón, donarías? A resposta é "Por suposto q sí".
Xa fai tempo miña nai precisou unha transfusión pero non había sangue no banco así q os médicos pediron ós familiares q doasen. Eu daquela tería uns 11 anos así q moi o meu pesar quedei totalmente descartada pero doaron meu pai e unha veciña. A partires de entonces as transfusión para miña nai foron habituais (digamos q o sangue era para ela como a heroína para un yonki) e gracias ás doazóns de outra xente aguantou 3 anos máis. Desde entonces o de ser doante collino como algo obligatorio así q 4 días despois de cumplir os 18 fixen a miña primeira doazón. Seguro q coma min haberá miles de persoas máis pero haberá miles de millóns q pasen do tema: a ésas vai adicado estes parágrafos. Pensade tamén q doar é bo para a propia saúde xa q obligamos a depurar o noso sangue .............. despois dos excesos nas festas de Nadal sempre ven ben un cambio de sangue.
E esto ven porq hoxe saiu na prensa q en Galiza estanse a acabar as reservas de sangue, q fan falla 500 doazóns diarias e estamos só en 400 así q animádevos e facede a boa acción do día. Non fai falla unha unidade móvil de doazóns (ou sexa, un bus) preguntade en calquer hospital e xa vos dirán a onde vos tedes q dirixir.
DOA SANGUE DOA VIDA,
FARÁS FELIZ A MOITA XENTIÑA
P. D. O de doazón de órganos non o teño tan claro, hai un par de rumores ó respecto q non me chistan nada. Outro día fago unha análise sobre o tema.
1 Comments:
Rapazota, que sepades que hoxe comezamos as negociacions da viaxe de febreiro...
Ainda non chegamos a ningunha conclusion, pero a ver que pasa ...
Publicar un comentario
<< Home