
So qería probar a calidade da imaxe da cámara web q merquei o outro día. Foi a mellor carallada q merquei fai tempo, é genial! Podo falar (con voz, :D) coa xente polo mns e q me vexan ............ , cousas q xa se podían facer fai moito, por suposto, pero q a min non me interesaban en absoluto. Vai ser q a tecnoloxía ten o seu aquel!
Algo a destacar é q instalei eu soa o aparato (weno, tiven q facer unha chamadiña a Elena pero nada máis). O próximo pasiño é facerme unha conta en Skype para falar coa portuguesa.
O concerto de onte foi genial, incríblemente genial; 4 horas seguidas dando saltos e bailando ska, GENIAL! Betagarri bastante light e cun cantante un tanto "flipadilio" pero casi mellor así porq eran os últimos e xa non nos quedaban enerxías para saltar "a lo loco"; aínda así estivo ben. Skárnio non defraudou e Kogito encantoume. Non tiña nin idea da existencia deste último, haberá q seguirlle a pista.
Mención especial merece un dos cantantes de Kogito, o q non é rapado, porq pasou todo o concerto sorrindo e pondo carantoñas, transmitía felicidad por tódolos poros do seu corpo. Quérote!
Gustaríame saber por qué empezando na cuarta fila acabamos na porta, literal. Se o concerto durase media hora máis veíamolo desde o coche.
Tamén fun a ver REC e ten un par de sustos guapos, aínda así non é para tanto. Había rumores de q saía xente chorando e q outra se piraba no medio da peli, qué esaxeración. Definiríaa como angustiosa.
E ese foi o meu día de onte, bastante guai porq fixen cousas diferentes.
P. D. Por certo, o gazpacho non me gusta.
P. D. Esquecíaseme! mil gracias a Elena por acompañarme, graciñas.